O Cluster de Comunicación de Galicia representa preto do 50% da facturación global do sector

O Cluster de Comunicación de Galicia representa preto do 50% da facturación global do sector

O sector en Galicia xera directamente 5.743 empregos e preto de 800 millones euros en facturación

Os eventos e encontros entre axencias e empresas arredor do márketing e a publicidade serán cruciais e estratéxicos durante o 2023

A dirección do Cluster de Comunicación de Galicia fai un balance positivo do pasado ano e afronta un 2023 cargado de novos retos cun obxectivo claro: “Darlle moita máis visibilidade ao traballo do sector galego do marketing e a publicidade para que se coñeza a súa musculatura e se poña en valor a súa altísima calidade”, aseguran.

O Cluster, que integra a distintos actores da cadena de valor da comunicación (impresión gráfica, marketing, marketing dixital, comunicación, deseño, creatividade e eventos), aglutina, ademáis, a empresas representativas do sector, a asociación sectoriais, centros tecnolóxicos e de formación.

O presidente do Cluster, Alberto Garnil, resalta a importancia da entidade e asegurando que “con 73 asociadas a día de hoxe, o Cluster representa o 47,9% da facturación global dun sector que xera directamente 5.743 empregos e que alcanza unha facturación de preto de 800 millóns de euros”. Para o 2023, Garnil aposta por continuar aunando actores da economía creativa que, tal e como apunta, representa un “destacable tanto por cento do PIB de Galicia”.

Por outra banda, anuncia que o Cluster está a traballar xa nun Plan Estratéxico do Sector, que lle servirá a entidade como guía nos próximos anos, e que abrirá un novo marco de relación cos socios institucionais. Do mesmo xeito, informa que buscarán novas alianzas e ampliarán as relación comerciais con outros países.

Un 2023 de grande actividade

O presidente do Cluster, Alberto Garnil, di sentirse “satisfeito” co traballo realizado en 2022 e apunta que “o ano se pechou coa meirande participación de asociados nos diferentes eventos organizados, dende os afterworks ata os Premios Paraugas”. Ademais, salienta que foi o ano da consolidación de Rúbrica, a revista dixital do Cluster, que “axuda a mellorar a visibilidade do sector como das empresas asociadas”.

Outros dos propósitos son xerar máis contidos de calidade como un novo evento do sector da comunicación e outro de impresión. Ademais celebraremos o 5º Congreso Flúor e organizaremos novos pop ups por distintas ciudades galegos”, sinala. Tamén anuncia que se está a estudar un novo formato para a gala de celebración dos Premios Paraugas.

Con todo, “queremos seguir potenciando a xeración de negocio das empresas asociadas e axudar a explorar novos mercados”, remata Garnil.