Cambio de nome: o Clúster de Comunicación Gráfica evoluciona ó Clúster de Comunicación de Galicia.

8 de maio en Santiago de Compostela

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada hoxe, aprobouse por uninanimidade o cambio de denominación social e de marca do clúster, pasando a chamarse Clùster de Comunicación de Galicia.

O obxectivo de eliminar a palabra Gráfica da súa denominación débese á evolución do propio Clúster, enfocado en integrar toda a cadea de valor no campo da comunicación e desprazar o foco inicial do Clúster no seu nacemento: as empresas de impresión gráfica .

Esta nova denominación permitirá atraer novos axentes na cadea de valor como os medios de comunicación, empresas de eventos, empresas de marketing dixital, etc. que co antigo nome do clúster non se sentían  representados.

Hoxe o Clúster representa preto de 250 empresas no ámbito da creatividade, deseño, marketing, comunicación, impresión e publicación en toda Galicia.

 

Proxecto cofinanciado por: