Brinde de Nadal do sector da comunicación
Brinde de Nadal do sector da comunicación!
Comprácenos invitarvos ao Brinde de Nadal do Sector de la Comunicación, unha celebración única organizada por Miraveo, Recados Carmen e Siete Olas en colaboración co Clúster da Comunicación e co patrocinio de Alma Atlántica, Torre de Núñez, Da Cunha e Migalla, para despedir o ano xuntos e celebrar os éxitos futuros.
O encontro terá lugar no Búnker Miraveo (A Coruña) e Casa Carmen (Vigo) e, para facelo aínda máis especial, conectaremos en directo entre ambas sedes. Así, aínda estando en lugares diferentes, todos os asistentes poderán compartir este momento cheo de espíritu de Nadal.
Detalles do evento:
Data: 23 de decembro
Hora: 13:00 h
Lugares de encontro:
Miraveo Rúa Madame Curie 6 Bunker Miraveo, 15008 A Coruña
Casa Carmen R. de Nicaragua, 49, bajo, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra
Inscrición: para facilitar a organización, solicitámosvos que vos inscribades e nos indiquedes un número estimado de asistentes por empresa na seguinte ligazón_ BRINDIS NADAL.
(NON fai falla inscribir a todos os asistentes; facilitade soamente o contacto dunha persoa da empresa/entidade e indicar número de asistentes).
Información adicional: os socios que o precisen poderán asistir acompañados dos seus fillos.
Non vos perdades a oportunidade de celebrar en comunidade, con ledicia e co apoio dos nosos patrocinadores.
Esperámosvos coas copas listas para brindar xuntos!