AXUDA A UCRANIA!

2 de marzo de 2022

AXUDA A UCRANIA

Ucraína atópase en situación crítica, e son moitas as entidades e persoas

que senten a responsabilidade común de contribuír a aliviar o seu sufrimento. Debe facerse de forma eficaz e efectiva. E ese é un importante e difícil reto.

Desde a Federación Nacional de Clústers- Clústers.es está a colaborarse estreitamente coa Comisión Europea nesta misión desde o inicio do conflito. Concretáronse varias liñas de actuación:

  • A forma máis eficiente de colaboración é a doazón monetaria a entidades de plena confianza. A súa recomendación é facelo a Cruz Vermella.

https://www2.cruzroja.es/web/cruzroja/-/cruz-roja-espa-c3-b1ola-se-moviliza-frente-al-conflicto-en-ucrania

  • Outra forma importante de facelo é doar produtos ao país. A Comisión Europea ha feito chegar a lista de necesidades que se adxunta. As máis urxentes son alimentos (secos e duradeiros), roupa térmica e medicación. Pero tamén grupos electrógenos, tendas de campaña, etc. A recomendación oficial é realizar os envíos a través dos puntos nacionais de contacto en the national disaster management system ( europa.eu).
  • Unha terceira opción é acoller refuxiados, e a medio/longo prazo proporcionarlles traballo.

AXUDA A SAMUEL-FUNDACIÓN DE NAD

Compartimos tamén a noticia difundida desde a nosa entidade membro,  Creatividade Galega, para apoiar a Samuel: (achégase vídeo) “Un dos nosos COLEGAS DE PROFESIÓN, Samuel Vázquez Martinez, da axencia 300 quilos, está en Polonia recollendo á súa filla de acollida Ucraína e a outros 30 nenos. Necesitan fretar un autobús canto antes para vir a España. Necesitan diñeiro urxente para alugar ese autobús e levar aos nenos (30) ata Cracovia e logo a Galicia. Urxe -por favor non o deixedes para máis tarde- calquera achega que poidades facer, no persoal ou desde as vosas empresas.

 

IBAN: ES86 2100 2808 5501 0068 4718 Titula INFANCIA DE NAD

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.