Así foi o Total Print Congress 2023

Máis dun centenar de profesionais no Total Print Congress celebrado en Santiago

Sustentabilidade, dixitalización, tendencias, o futuro do papel, foron algúns dos temas que se debatiron neste encontro sectorial

Éxito de convocatoria no Total Print Congress, un encontro organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, co fin de dar visibilidade ao sector e abrirse á sociedade para se que coñeza mellor a industria relacionada co papel, a impresión, os packaging e o deseño.

Así, perto de 150 profesionais reuníronse durante toda a mañá para coñecer as tendencias, o futuro do papel, e falar de sustentabilidade nun sector en continua innovación para dar solución ás necesidades das organizacións.

A xornada iniciouse coa benvida do presidente do Clúster, Alberto Garnil, que sinalou a “importancia de poñer en valor un sector tan importante e tan pouco visible como o da comunicación gráfica”, ademáis de que esperan que “este evento se convirta nun referente e teña unha periodicidade anual”.

A continuación, foi a conferencia de Eladio Otero, subdirector de Competitividade Empresarial do IGAPE, centrada en explicar as diferentes liñas de axudas que melloran a competitividade e que destinan a empresas que invirten en dixitalización e sustentabilidade.

No primeiro panel de expertos, debatiuse sobre a Impresión comercial como elemento de comunicación do futuro. Participaron profesionis de diferentes sectores, como Carlos Casado, director de marketing de RICOH Graphic Communications, Jacobo Bermejo, CEO de Tórculo, Patricia Ramos, responsable de marketing de Vegalsa-Eroski e Ángeles Montecelo, directora de marketing de RECLAM. Neste sentido expúxose a grande evolución do sector nos últimos anos, as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e o importante de estar sempre innovando.

Os protagonistas do panel 2 foron Manuel Deza, director xeral de Coreti Etiquetas, Miguel Falcón, director xeral de Gráficas Salnés, Ignacio Baquero, sheetfed business driver en Heidelberg Spain, Rosa Pumar, directora xeral de Imaxe e Jorge Pallarés, director de marketing e comunicación de Bodegas Martín Códax, que falaron sobre Etiquetas e packaging como elementos de valor diferencial para as marcas. Para elo, compartiron as tendencias e novidades dun eido que non deixa de sorprender e que, ano tras ano, gaña máis adeptos a crear deseños capaces de chamar a atención desde o minuto un e que sirvan de reclamo para o cliente.

Simultáneamente tamén se fixeron dúas mesas centradas na experiencia do cliente, nas que as empresas Costa e Martín Codax compartiron coñecemento e exemplos de como evolucionaron buscando a mellor solución de deseño e impresión nos seus sectores.

O último panel iniciábase coa pregunta É o papel un elemento de futuro? Nel,  expertos de diferentes sectores como Diego López Cortés, CEO de TAC!, Lucía Pastoriza, conselleira delegada e responsable de calidade e medio ambiente de Gráficas Anduriña, Ana Pérez, delegada de DS Smith, e Álvaro Trevejo, director de acreditación de BMC Assurance, debatiron sobre a adaptación e la evolución que terá o uso do papel.

Concebido como un espazo de encontro entre os principais operadores de tecnoloxía de impresión a nivel internacional, servizos auxiliares de mantemento, fabricantes e proveedores de papel, institucións e empresas demandantes de servizos de impresión, comunicación e marketing, o Total Print Congress desenvolveuse no Hotel Oca Puerta del Camino entre as 09.30 da mañá e as 14.30, momento no que o evento finalizou cun cóctel networking.

O Total Print Congress contou co patrocinio de Ricoh, Heidelberg, Tac!, Gráficas Salnés e Atelier, e co apoio da Xunta de Galicia.