As empresas do Cluster visitan Perú

28 de maio de 2107

Os representantes das empresas do Cluster que participaron no plan de internacionalización visitarón Lima nunha misión directa.

A viaxe, dunha semana de duración, tivo como obxectivo dar os primeiros pasos neste mercado cun grande potencial.

Esta acción enmárcase dentro das axudas do IGAPE para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.