Alberto Garnil encabeza a nova Xunta Directiva do Cluster da Comunicación de Galicia

Alberto Garnil encabeza a nova Xunta Directiva do Cluster da Comunicación de Galicia

As eleccións para nomear ao novo equipo directivo celebraronse o pasado 28 de abril

O director xeral da axencia creativa Recados Carmen, Alberto Garnil, vén de ser elixido presidente do Cluster da Comunicación de Galicia. Garnil xa exercía este cargo desde xuño de 2022 en substitución de Xosé Luis Reza, que encabeza o recentemente creado Clúster do Ecommerce Galego, lideraba a única candidatura presentada para seguir á fronte do organismo, que foi ratificada o pasado venres 28 de abril durante a celebración da Asamblea Xeral.

Ademáis, a Xunta Directiva do Clúster da Comunicación de Galicia está formada por outros dez profesionais. Entre eles atópase José Cabanas, que encabeza a Asociación Galega de Marketing (Markea) desde 2021 e que exercerá como vicepresidente da entidade; José Manuel Regueiro, socio fundador do Grupo Raíz Digital, que foi nomeado secretario; e Mar Delgado, directora xeral de Atelier Gráfica Visual, que se encarga da tesourería.

Unha nova incorporación no equipo

Marta Ferro, de Closet Comunicación, incorpórase como vogal á Xunta Directiva del Clúster da Comunicación de Galicia. No equipo continúa o CEO de Tórculo Comunicación Gráfica, Jacobo Bermejo; o presidente de Gráficas Anduriña, José Emilio Arán; desde OPC Galicia, Ana María García Calvo; o presidente de Creatividade Galega, Julián Abad; a presidenta de Dircom Galicia, Tesa Díaz-Faes; e o socio director de Costa Comunicación, David Silvosa.

Atraer e reter talento xove: un dos retos do sector

Según Alberto Garnil, un dos principais retos do sector en Galicia é atraer e reter talento xove. “Está claro que se temos un sector forte, as empresas galegas e de fóra da nosa comunidade van querer traballar coas de aquí e os bos profesionais tamén”. Ademáis, o presidente do Clúster da Comunicación de Galicia considera que “estamos nunha boa época para a comunicación”, xa que existe “unha concienciación colectiva na que todas as empresas están traballando en marketing e comunicación como parte fundamental na súa estratexia corporativa”.

Artigo extraído de Rúbrica Dixital