Afterwork: “Vender de forma rendible e sostible por Internet”

Volven os Afterwork presenciais! “Como vender de forma rendible e sostible por Internet”

O xoves 23 de febreiro volven os afterworks presenciais. Será o primeiro deste 2023, e estará conducido por Pablo Borrás, CEO de 2bedigital, axencia de performance e growth márketing, responsable da xestión de importantes e-commerce, como Gioseppo, Calzados Vitoria ou Martinelli (Pikolinos).

Baixo o título “Como vender de forma rendible e sostible por Internet”, Pablo explicaranos como unha correcta segmentación e unha visión holística das ferramentas publicitarias son a clave para xestionar a rendibilidade e a sustentabilidade dos e-commerces.

Durante o Afterwork, haberá oportunidade de degustar un pequeno aperitivo.

O evento está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia e Markea, e conta coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia.

LEMBRA!

Día: xoves, 23 de febreiro.
Hora: 19.30 horas
Modalidade: presencial, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.
Ubicación: García Barbón, 62. Vigo
Inscricións: seguindo esta ligazón. GRATIS para socios do Cluster da Comunicación de Galicia, Markea e Círculo de Empresarios de Galicia · Resto de asistentes: 10€/persoa.