Afterwork: “O podcast como ferramenta para diferenciar a túa marca”

Novo Afterwork presencial: “O podcast como ferramenta para diferenciar a túa marca”

O martes 20 de xuño temos unha nova cita cos afterworks presenciais, da man de Jesús Pérez, creador do podcast “Comunicar, más que hablar”.

Desde a súa propia experiencia, Jesús vainos contar como aproveitar o formato podcast para chegar á potencial clientela dunha marca, e como crear unha comunidade ao seu redor. Cando Jesús empezou co seu podcast escoitábano 4 gatos, pero daquela a cousa foi rodando ata superar as 20.000 escoitas. Contaranos como conseguiu este fito, e tamén falará dos 5 bloqueos máis comúns para lanzar un podcast e de como superalos.

O evento está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia e Markea, e conta coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia, Creatividade Galega, Dircom, OPC Galicia e vidiv.

LEMBRA!

Día: martes, 20 de xuño.
Hora: 19.30 horas
Modalidade: presencial, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.
Ubicación: García Barbón, 62. Vigo
Inscricións: seguindo esta ligazón. GRATIS para socios do Cluster da Comunicación de Galicia, Markea e Círculo de Empresarios de Galicia · Resto de asistentes: 8€/persoa.