Afterwork: Non precisas un logo

16 de abril de 2018

Baixo este título tan sorprendente, David Silvosa, quixo transmitir aos asistentes deste encontro afterwork que as marcas o que de verdade precisan é ser recoñecibles.

O máis importantes da identidade ou comunicación visual non é necesariamente o logotipo, indicando que “na xerarquía da linguaxe visual, un color, unha tipografía, un material, unha textura, un proceso de produción ou un ton de comunicación pode ser tan importante coma un logotipo”. E para demostralo, David, fixo un percorrido por múltiples exemplos, todo para tratar de demostrar que o deseño non é só embelecer unha marca, o deseño aporta orde á estratexia, aporta valor á marca, en conclusión, non precisas un logo, precisas construír a túa marca.