Afterwork at Home: “Incrementar a captación de leads cualificados para o teu negocio”

Primeiro Afterwork at Home de 2023: “Incrementar a captación de leads cualificados para o teu negocio”

O vindeiro mércores, 18 de xaneiro, terá lugar o primeiro afterwork at home deste 2023 “Incrementar a captación de leads cualificados para o teu negocio”. Alberto Hernández, Online Marketing Director de Atrato Media, será o encargado de nos explicar como xerar leads de calidade paso a paso, as mellores estratexias para facer un bo Inbound Marketing que convirta a vendas, e as ferramentas a empregar para elo.

Será o primeiro afterwork de moitos neste 2023, organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia e Markea, e que conta coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia, Creatividade Galega, Dircom Galicia, Opc Galicia e a plataforma Vidiv, a través da que se emitirá a sesión.

LEMBRA!

Día: mércores, 18 de xaneiro.
Hora: 19.30 horas
Modalidade: dixital/online
Inscricións: as inscricións realizaranse na plataforma VIDIV, seguindo esta ligazón.