Afterwork: Influencers Dixitais, quen son e como incluilos no plan de marketing

30 de xaneiro de 2018

Grande éxito de convocatoria con máis de 50 asistentes para escoitar a Laura Vázquez, directora de servizo ao cliente de Roi Scroll que falou sobre influencers dixitais e como axudan ás marcas a relacionarse cos clientes.

Laura Vázquez recomenda facer un estudo minucioso dos perfís dos influencers especializados, non fixarse só nos seguidores que arrastran, pois debemos distinguir entre popularidade e influencia. Unha vez feita esta análise inicial, debes deixarte asesorar por el, e non censurar os contidos das publicacións.