Afterwork: “Estratexia de márketing B2B orientada ás vendas”

Novo Afterwork presencial: “Como crear unha estratexia de márketing B2B orientada ás vendas”
O xoves 20 de abril temos novamente unha cita cos afterworks presenciais. Desta volta escoitaremos a Lois Vázquez, coordinador de márketing na empresa de software loxístico Visual Trans.
Baixo o título “Como crear unha estratexia de márketing B2B orientada ás vendas”, Lois vainos contar como artellar e aplicar as mellores tácticas enfocadas a impulsar un negocio e incrementar as vendas B2B (de empresa a empresa).
O evento está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia e Markea, e conta coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia, Creatividade Galega, Dircom, OPC Galicia e vidiv.
LEMBRA!
Día: xoves, 20 de abril.
Hora: 19.30 horas
Modalidade: presencial, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.
Ubicación: García Barbón, 62. Vigo
Inscricións: seguindo esta ligazón. GRATIS para socios do Cluster da Comunicación de Galicia, Markea e Círculo de Empresarios de Galicia · Resto de asistentes: 8€/persoa.