Afterwork at Home “Do global ao local”
O derradeiro Afterwork at Home de 2022 “Do global ao local”
O vindeiro 1 de decembro Vilma Otero, directora de márketing de iRobot España, falaranos de como aterrar unha estratexia dunha multinacional como iRobot nun mercado local co obxectivo de conectar co consumidor sen perder a identidade de marca.
Será o derradeiro after work a home da programación deste ano e abordaremos as implicacións dunha estratexia global dende unha perspectiva local. O evento dixital conta coa participación de Markea e a plataforma de eventos VIDIV
LEMBRA
Día: xoves, 1 decembro
Hora: 19.30 horas
Modalidade: dixital
Inscripcións: as inscripcións realizaranse na plataforma VIDIV, que permite unha maior interacción dos asistentes. É recomendable conectarse antes das 19:30 horas co fin de dar de alta o usuario. É necesario, á hora de crear o perfil, ter unha imaxe dispoñible (serve calquera imaxe: logo da empresa, imaxe persoal, avatar, etc.).