Ferrol convírtese na sede da VIII edición dos Premios Paraugas o vindeiro 17 de novembro
Ferrol convírtese na sede da VIII edición dos Premios Paraugas o vindeiro 17 de novembro
O prazo de inscrición para a VIII edición dos Premios Paraugas está aberto dende o pasado día 11 ata o vindeiro 31 de outubro. De este xeito, as empresas e entidades poderán presentar a súa candidatura para os diferentes premios recollidos en seis categorías: categoría de impresión, de deseño, creatividade, márketing, comunicación e eventos.
A presentación desta edición levouse a cabo no Concello de Ferrol e foi conducida polo Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, a Directora da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Patricia Argerey, o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a Directora Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiro e o Presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil. Ademais, relevaronse as dúas novidades máis importantes desta nova edición: o cambio de sede de Ourense a Ferrol e a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro e o Premio Novos Talentos.
Os Premios Paraugas son xa unha cita ineludible para todos os profesionais do márketing e da comunicación de Galicia que ten como obxectivo mostrar o potencial e pór en valor o traballo das empresas de comunicación nos ambitos de impresión, deseño e comunicación. De este xeito, xa van 7 edicións nas que se entregaron 129 premios, 1682 candidaturas, e nas que 20 profesionais foron homenaxeados, o mellor xeito de demostrar que o sector da comunicación mantense forte en Galicia, sendo valorado non só aquí, se non tamén fóra das nosas fronteiras.