Abre o prazo de inscrición para empresas na II edición do programa Alento

Abre o prazo de inscrición para empresas na II edición do programa Alento

Tras os bos resultados da primeira edición do  Programa Alento_ Impulso a comunicación para emprender posta en marcha o pasado 2024 o Clúster da Comunicación de Galicia poñerá en marcha a segunda edición do programa cun convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Industria.

Esta iniciativa permitirá a persoas emprendedoras e empresas de nova creación acceder a servizos de márketing e comunicación, prestados por empresas do Clúster adheridas ao programa.

 SERVIZOS DISPOÑIBLES

As persoas emprendedoras ou empresas de nova creación poderán acceder a un total de 10 servizos:

  • Deseño de imaxe corporativa.
    Desenvolvemento de páxina web corporativa
    Deseño e desenvolvemento de ecommerce.
    Estratexia e accións de márketing dixital.
    Gráficas publicitarias.
    Plan de Marketing e investigación de mercados.
    Estratexia de comunicación para pemes.
    Vídeo Marketing.
    Produtos de impresión publicitaria.

 FORMA PARTE DA BOLSA DE EMPRESAS PROVEDORAS ALENTO

Se desexas ofrecer estes servizos dentro do programa Alento 2025, podes inscribirte na bolsa de empresas provedoras completando o seguinte formulario:

➡ FORMULARIO_ BOLSA DE EMPRESAS PROVEDORAS

Peche de prazo de inscrición: xoves 13 de febreiro

Requisitos:

Poden participar empresas socias directas do Clúster da Comunicación de Galicia.
Cada empresa recibirá o valor económico correspondente ao servizo executado.

OUTROS DATOS DE INTERESE

Serán as persoas ou iniciativas emprendedoras quen seleccione a empresa provedora para cada servizo de forma directa.
Establecerase un número  máximo de servizos a executar por empresa provedora.
O pago dos servizos realizarase a través do Clúster da Comunicación de Galicia unha vez finalizado o servizo.
Web Programa Alento 2024: www.programaalento.gal