Aberto Prazo de inscrición-VI Premios Paraugas
11 de outubro de 2021
Aberto Prazo de inscrición-VI Premios Paraugas
A VI Edición dos Premios Paraugas-Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia xa están aquí! Desde hoxe ata o día 25 de outubro podedes presentar os vosos traballos a calquera das 7 categorías que abrangue esta edición.
Este premios crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosa comunidade autónoma. Na edición deste ano hai 19 premios.
Como novidade desta edición, destacar que a categoría de EVENTOS conta con 3 premios e as categorías de CREATIVIDADE e de MÁRKETING modificaron parte dos seus premios.
Tamén salientar que as entidades premiadas na V Edición dos Premios Paraguas, poderán tamén presentarse a cualquer categoría, incluida a gañadora.
A Gala dos Premios Paraugas celebrase o vindeiro 12 de novembro na sede de Expourense de maneira presencial.
As inscricións e o envío dos traballos realizaranse a través do formulario dispoñible na web: premios.clustercomunicacion.gal
AGRADECEMENTO
Aproveitamos para agradecer aos nosos patrocinadores o seu inapreciábel apoio o noso sector e que fan posible que, a través dos Premios Paraugas, se poida poñer en valor o excelente traballo que se fai desde as empresas galegas:
Galicia Calidade–Inorde (Instituto Ourensá de Desenvolvemento Económico)-HP–Gain(Axencia Galega de Innovación)-Roi Scroll–PuntoGal-Avante Evolumedia–Tac!Activando el recuerdo de tu marcar.
Tamén agradecemos o apoio dos nosos colaboradores:
Atelier Gráfica Visual, Miraveo, Aceites Abril, Tórculo, Wise, Markea, Dircom, Creatividade Galega, Opc Galicia e Executivas de Galicia.
Máis información en : web Premios Paraugas
Proxecto cofinanciado por: