A formación Vostok de deseño de produto dixital e UX chega á Coruña en septembro
A formación Vostok de deseño de produto dixital e UX chega á Coruña en septembro
O Instituto Tramontana, unha das escolas de referencia no sector do deseño dixital actualmente, e Mendesaltaren organizan dende o vindeiro mes de setembro a décima edición da súa formación, Vostok: deseño de produto dixital e UX no centro da Coruña (Rúa María Pita, 13).
É a primeira vez que este prestixioso programa chega a Galicia, dando a oportunidade non só a quen deseña, senón tamén a profesionais que queiran coñecer os xeitos de crear produtos dixitais de formarse de primeira man con expertos como Javier Cañada, Danny Saltaren ou Isabella de Cuppis, directores do programa.
Trátase dun curso que pretende dar unha base sólida que perdure no tempo: quere abordar conceptos, referencias e debates para ensanchar o xeito de pensar na creación de deseños dixitais. O programa non vai tanto de aprender a usar certas ferramentas, senón de transmitir un xeito de ‘mirar’ e ensinar a comunicar o teu propio discurso. Ademais, tamén che servirá para ampliar a túa rede de referentes e contactos.
Vostok ten unha duración de 4 meses, incluíndo descansos e festivos, por un total de 12 sesións presenciais, máis tódalas clases en vídeo. A edición de A Coruña comezará o xoves 19 de setembro e finalizará o 19 de decembro, sendo as clases tódolos xoves de 17 a 20h.
As empresas socias do Clúster de Comunicación de Galicia teñen a vantaxe de poder acceder a esta formación de calidade a un prezo especial: 3.800€ (precio de lanzamento), sobre o que se aplicará un 10% de desconto.
Para máis información e inscribirte, visita a súa web: https://www.tramontana.net/vostok.