A Coruña acolle a VII Raiola Marketing Conference o 28 de setembro
A Coruña acolle a VII Raiola Marketing Conference o 28 de setembro
A VII edición da Raiola Marketing Conference celébrase o próximo 28 de setembro no Palacio de Exposiciones y Congresos (PALEXCO) de A Coruña. A nosa empresa socia Raiola Networks organiza un ano máis este evento no que poderedes escoitar a expertos do márketing e do SEO de toda España e facer networking durante os coffee breaks.
No cartel desta edición destacan relatores como: Paula Garrofé, David Marchante (PowerExplosive), Lili Lorenzo, David Cuesta, Gisela Bravo, Álvaro Mazariegos, Lola Garau, Alejandro Novás, Celia Rubio, David Kaufmann ou Miguel Florido. Ademais, o programa conta cunha mesa redonda de SEO, onde os expertos como Luis Villanueva, MJ Cachón, Chuiso e Olga Ortega compartirán as últimas tendencias e os seus mellores trucos para escalar en posicionamiento.
Ademais se non podes desplazarte ata A Coruña, coa modalidade online serás un espectador máis. Tanto se queres vivilo de forma presencial como online, merca aquí a túa entrada nesta ligazón.
Desconto socios Clúster da Comunicación de Galicia
Grazas a un acordo con Raiola, os socios do Clúster da Comunicación de Galicia poderán adquirir a súa entrada presencial cun 50% de desconto.