9º Foro da Comunicación: reencontro do sector da comunicación en Ourense

12 de novembro de 2021

9º Foro da Comunicación: reencontro do sector da comunicación en Ourense

Ourense converteuse hoxe na capital da comunicación e do márketing de Galicia ao reunir en Expourense a máis de 450 profesionais destes sectores que asistiron tanto ao 9º Foro da Comunicación de Galicia como á entrega dos VI Premios Paraugas que se celebraron posteriormente.

9º Foro da Comunicación

O Foro da Comunicación de Galicia, organizado polo  Clúster da Comunicación de Galicia e Expourense, celebrou hoxe a súa novena edición, que supuxo un novo éxito,tanto polo número e o prestixio dos 22 relatores como pola acollida recibida por parte dos asistentes, tanto dos que estiveron presencialmente en Expourense como dos que seguiron o evento vía online. Este Foro está xa consolidado como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar.

O obxectivo deste 9º Foro da Comunicación de Galicia foi poñer en valor a calidade e a innovación do traballo das empresas galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de fóra da nosa comunidade. O programa do foro tivo moi presentes cuestións de actualidade de grande importancia para os profesionais, como a problemáticadas fake news ou a relación cada vez máis estreita entre xornalismo e deseño.

Como cada ano, o Foro da Comunicación de Galicia acolleu unha mesa redonda sobre márketing dixital na que participaron axencias punteiras neste sector e que estivo centrada nas reflexións esenciais para potenciar o márketing de contidos. Moderada polo director de márketing de PuntoGal, Luis Antelo, contou coa participación do director de Márketing de Rei Zentolo e socio director de Elemental Chefs, Isaac González; o CEO do Grupo Raiz, Jose Manuel Regueiro; o coordinador do master en Comunicación en Medios Sociais eCreación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo, Xabier Martínez Rolán; e da experta en creación de contidos e coordinación de estratexia de márketing B2B en Bannister Global, Verónica Casas.

Proxecto cofinanciado por: