Terás acceso a formación especializada.
Estarás informad@ de calquera novidade que incumbe ao sector, incluíndo subvencións, licitacións, concursos e axudas.
Confeccionamos os teus contratos e presentámolos ante o Servizo Público de Emprego. Tramitamos as bonificacións e subvencións e os partes de IT dos traballadores.
Tamén presentamos e seguimos a cotización da túa empresa á Seguridade Social e comunicamos accidentes mediante o Sistema Delta. Facemos nóminas, liquidacións e finiquitos e tramitamos solicitudes de prestacións da Seguridade Social.
Resolvemos as túas dúbidas con respecto á lexislación laboral vixente, sobre o convenio colectivo de aplicación ou calquera outra cuestión sobre relacións laborais. E presentamos impostos cos modelos de comunicación de retencións tanto aos traballadores como aos profesionais (Mod.111 e Mod. 190).
Recibirás soporte técnico especializado para calquera proxecto innovador en loxística ou aprovisionamiento. E terás información se queres internacionalizarte ou crear un consorcio.
Contarás con apoio no desenvolvemento de proxectos de integración entre asociados e para formalizar acordos de cooperación. Evaluamos as posibles vantaxes financeiras, técnicas e comerciais.
Poderás participar en grupos de traballo especializados sobre tendencias do sector e en proxectos colaborativos para xerar novas liñas de negocio.