SIMBIÓTICOS, diálogos de creatividade

19 de abril de 2022

SIMBIÓTICOS, diálogos de  creatividade

 

Creatividade  Galega, membro do Cluster da  Comunicación de Galicia,  organiza o vindeiro 28 de abril,”  Simbióticos, diálogos de  creatividade”. Un encontro para falar de ideas e de estratexia. O poder transformador da creatividade a debate. Un espazo para a reflexión e o encontro de novos camiños creativos. Aprender, inspirarse e experimentar co proceso creativo como protagonista.

RELATORES

Entre os relatores que se darán cita na primeira edición de  Simbióticos, están:

Jorge  Casals, director de márketing de  Filkers;  Ezequiel  Triviño, fundador e  CEO de  Wikreate e  Wikreate  Labs; Adán Argibay, artista visual e director de  Amagi; e a presenza por primeira vez xuntos nunha charla de Toni  Segarra* e Luís Cuesta, fundadores de  S. C. P. F e socios actualmente de Alegre & Roca.

Simbióticos estará presentado e  moderado por Rocío   Carreiro, directora de  Extradixital.

Toni  Segarra: é o único español na lista das 100  top  creative  minds da revista  Shots e a revista Forbes inclúelle na súa lista das 25 persoas máis influinte de España. Ademais, segundo unha enquisa realizada pola revista Anuncios, Toni  Segarra é o mellor creativo español do século  XX. (Fonte:  CdeC).

PROGRAMA E INSCRICIÓN

O encontro celebrarase na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) Auditorio 1, Edificio  CINC, de 16:30 h- 20:30 h.

A inscrición é gratuíta.

Pódese ampliar a información e formalizar a inscrición na seguinte ligazón: ACCEDE AQUÍ

APOIOS

Simbióticos conta co patrocinio principal de Ingenio Media, coa colaboración de  Markea, o Cluster da Comunicación de Galicia e  Extradixital, e coa axuda da Xunta de Galicia e Xacobeo 21.22.