Lalola Estudio de Branding

Lalola Estudio de Branding

Contacto:

Alba Bermúdez Rivera
Telefono: 635028951
Web: www.mundolalola.com
Mail: lalola@mundolalola.com
Categoría: Branding

Lalola e un estudio de branding e comunicación estratéxica. Creamos significados que transforman negocios consolidados ou de nova creación, en marcas icónicas, humanas e con legado.

Traballamos con emprendedores, empresas familiares e proxectos con propósito —creativos, sostibles, educativos ou con impacto territorial— que senten que a súa comunicación non reflicte o verdadeiro valor do que fan. Non cremos nas fórmulas prefabricadas nin na perfección impostada que aburre e crea clons.

O noso propósito é devolver humanidade ao mundo das marcas. Facémolo a través dunha metodoloxía propia de traballo que combina estratexia, identidade verbal e visual, e unha profunda escoita. O noso enfoque é antropológico: non analizamos só produtos, senón persoas, rituais e contextos culturais. Porque unha marca non se posiciona na mente, senón na cultura.

Estamos aquí para que os negocios que xa funcionan deixen de parecer un máis e empecen a ocupar un lugar propio, recoñecible e imposible de ignorar. Non facemos marcas máis bonitas, facémolas máis verdaderas. Porque cando unha marca se volve profundamente humana, deixa de competir e comeza a transcender.

Contacto:

Alba Bermúdez Rivera
Telefono: 635028951
Web: www.mundolalola.com
Mail: lalola@mundolalola.com
Categoría: Branding
Segue a esta empresa nas súas redes sociais