Axudas Plan Foexga 2021-2022

1 de abril de 2021

Aberto prazo: Axudas  Plan Foexga 2021-2022

O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/foexga a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Requisito principal da axuda

É requisito necesario que as  empresas que opten a esta axuda  estean dadas de alta no programa avanzado do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo (IG 192).

Destinatarios das  actuacións:

Empresas galegas que dispoñan dun informe positivo en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización (IG192) realizado a través do programas deo Igape.

 

Actuacións subvencionables

Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida nas que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou sipnosios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

Contía das axudas

A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

Entidades colaboradoras adheridas al programa:

Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de a Coruña (Tlf: 981216074)
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa (Tlf: 986446295)
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Santiago de Compostela (Tlf: 981596800)

Máis información:  ACCEDE AQUÍ

Máis información en :  Premios Paraugas 

Proxecto cofinanciado por: