A Xunta Directiva renova o seu mandato
28 de abril
Renovado o mandato da Xunta Directiva do Clúster
- O Clúster galego da Comunicación reelixiu presidente a Xosé Luís Reza na asemblea electoral celebrada este mércores 28 de abril
- Na Xunta Directiva está representada toda a cadea de valor da comunicación, na que se incoporan os eventos.
A nova Xunta Directiva do Clúster de Comunicación de Galicia constituíuse este mércores tras as eleccións celebradas na Asemblea Xeral anual.
Nesta nova Xunta está representada toda a cadea de valor do Clúster– creatividade, deseño, márketing, márketing dixital comunicación, edición, impresión e eventos- a cal se viu aumentada recentemente coa incorporación do sector dos eventos, representada pola asociación OPC Galicia.
Esta nova directiva seguirá liderada por Xosé Luís Reza, tras a súa reelección como presidente do Clúster para os vindeiros 2 anos.
Reza contará co apoio dunha Xunta Directiva enfocada en liderar novos proxectos e impulsar o crecemento e consolidación do clúster neste novo bienio:
CARGO CLÚSTER | NOMBRE e APELIDOS | Entidade/Empresa |
Vogal.Delegado de Deseño | David Silvosa Rivera | Costa Comunicación |
Vogal. Delegada de Comunicación | María Teresa Díaz-Faes Santiago´s | Dircom Galicia |
Vogal. Delegado de Creatividade | Julián Abad Rodríguez | Creatividade Galega |
Vogal. Delegada de Eventos | Ana María García Calvo | OPC Galicia |
Vogal. Delegado de Impresión | Emilio Arán Bernal | Gráficas Anduriña |
Vogal. Delegada de Igualdade | Carla Reyes Uschinsky | Executivas de Galicia |
Tesoreira | Mar Delgado López | Atelier Gráfica Visual |
Secretario Xeral | Jacobo Bermejo Barrera | Tórculo |
Vicepresidente | Alberto Garnil Rodríguez | ICON |
Presidente | Xosé Luis Reza Pérez | Markea |
O presidente do Clúster quixo agradecer á nova Xunta a súa confianza para “continuar liderando un proxecto que xa ten máis de 13 anos, e que seguirá apostando por potenciar a cooperación entre empresas socias, a través de proxectos colaborativos de alto impacto que deriven na mellora da competitividade das empresas que forman parte do Clúster, xerando negocio e mellorando a visibilidade das mesmas, co obxectivo de situar ao sector como punto estratéxico no desenvolvemento industrial da Comunidade”.
O Clúster de Comunicación de Galicia agrupa principalmente a pemes e asociacins sectoriais repartidas polo territorio das catro provincias galegas que traballan nos ámbitos das artes gráficas, edición, publicidade, impresión, márketing, deseño, creatividade, comunicación e eventos. Este proxecto xurdiu no 2007 para dar resposta a necesidade de crear un espazo para incrementar a competitividade a través da innovación e cooperación das mesmas.
Proxecto cofinanciado por: