A Xunta Directiva renova o seu mandato

A Xunta Directiva renova o seu mandato

28 de abril

Renovado o mandato da Xunta Directiva do Clúster

  • O Clúster galego da Comunicación reelixiu presidente a Xosé Luís Reza na asemblea electoral celebrada este mércores 28 de abril
  • Na Xunta Directiva está representada toda a cadea de valor da comunicación, na que se incoporan os eventos.

 

A nova Xunta Directiva do Clúster de Comunicación de Galicia constituíuse este mércores tras as eleccións celebradas na Asemblea Xeral anual.

Nesta nova Xunta está representada toda  a cadea de valor do Clúster– creatividade, deseño, márketing, márketing dixital comunicación, edición, impresión e eventos- a cal se viu aumentada recentemente coa incorporación do sector dos eventos, representada pola asociación  OPC Galicia.

Esta nova directiva seguirá liderada por  Xosé Luís Reza, tras a súa reelección  como presidente do Clúster para os vindeiros 2 anos.

Reza contará co apoio dunha Xunta Directiva  enfocada en liderar  novos proxectos e impulsar o crecemento e consolidación do clúster neste novo bienio:

CARGO CLÚSTER NOMBRE e APELIDOS Entidade/Empresa
Vogal.Delegado de Deseño David Silvosa Rivera Costa Comunicación
Vogal. Delegada de Comunicación María Teresa Díaz-Faes Santiago´s Dircom Galicia
Vogal. Delegado de Creatividade Julián Abad Rodríguez Creatividade Galega
Vogal. Delegada de Eventos Ana María García Calvo OPC Galicia
Vogal. Delegado de Impresión Emilio Arán Bernal Gráficas Anduriña
Vogal. Delegada de Igualdade Carla Reyes Uschinsky Executivas de Galicia
Tesoreira Mar Delgado López Atelier Gráfica Visual
Secretario Xeral Jacobo Bermejo Barrera Tórculo
Vicepresidente Alberto Garnil Rodríguez ICON
Presidente Xosé Luis Reza Pérez Markea

 

O presidente do Clúster quixo agradecer á nova Xunta a súa confianza para “continuar liderando un proxecto que xa ten máis de 13 anos, e que seguirá apostando por potenciar a cooperación entre empresas socias, a través de proxectos colaborativos de alto impacto que deriven na mellora da competitividade das empresas que forman parte do Clúster, xerando negocio e mellorando a visibilidade das mesmas, co obxectivo de situar ao sector como punto estratéxico no desenvolvemento industrial da Comunidade”.

O Clúster de Comunicación de Galicia agrupa principalmente a pemes e asociacins sectoriais repartidas polo territorio das catro provincias galegas que traballan nos ámbitos das artes gráficas, edición, publicidade, impresión, márketing, deseño, creatividade,c comunicación e eventos. Este proxecto xurdiu no 2007 para dar resposta a necesidade de crear un espazo para incrementar a competitividade a través da innovación e cooperación das mesmas.