Clúster da Comunicación de Galicia

Cláster, cluster ou clúster. É máis importante que saibas o que facemos que como nos chames.

Somos a casa común de toda a cadea de valor da comunicación en Galicia.

O Clúster

+230

empresas, asociacións, centros tecnolóxicos e de formación que nos dedicamos á comunicación.

márketing comunicación publicidade deseño medios impresión edición eventos

Manifesto

Somos o Clúster da Comunicación de Galicia.

Máis de 230 empresas, asociacións, profesionais, centros tecnolóxicos e de formación unidos arredor dun sector plural, diverso e estratéxico.

Somos creatividade, innovación, talento e coñecemento.
Somos as ideas, as palabras, as imaxes e as experiencias que constrúen marcas, identidade, reputación e confianza.

A comunicación é moito máis do que contamos.
É unha industria que crea emprego, xera riqueza, impulsa a competitividade das empresas e contribúe á maneira en que Galicia se ve, se entende e se proxecta.

Por iso traballamos por un sector máis forte, máis conectado e máis visible.

Un sector que comparte e coopera.
Que suma capacidades.
Que crea oportunidades.
Que recoñece o talento propio e o alleo.
Que innova, escoita, conversa, sorprende e avanza.

O noso propósito é elevar o recoñecemento e o valor do noso traballo, e situar a comunicación como unha industria estratéxica para Galicia.

Porque temos talento, temos capacidade e temos valor.

Xuntos, temos forza de sector.

Asociacións e alianzas

Proxectos

Novas

Todas as novas

info@clustercomunicacion.gal +34 881 977 102

Aviso de cookies de WordPress de Real Cookie Banner