Xornada A Cociña Gráfica

5 de maio de 2017

O Cluster colaborou co Colegio Hogar Afundación na xornada da Cociña Gráfica. Neste foro participaron importantes empresas e profesionais do ámbito da impresión gráfica e da comunicación.

Esta xornada estrutúrase como unha feira profesional que inclúe demostracións prácticas con maquinaria, conferencia e charlas formativas. Naceu co obxectivo de achegar aos alumnos e alumnas do centro as últimas tecnoloxías, materiais e maquinaria de artes gráficas, así como as principais técnicas de comunicación e marketing actuais.

A celebración contou cunha grande afluencia de público. Ademais de contar coas demostracións propias da impresión gráfica tales como a impresión 3D, a personalización no corte e gravado láser ou a impresión dixital téxtil, tamén se celebraron charlas e conferencias a cargo de profesionais de relevancia no sector. Entre los relatores se encontrataban Aurelio Mendiguchía, director técnico do ITGT Tajamar; Encarna Luque, responsable internacional de téxtil en Roland DG; e Xosé Luis Reza, presidente de Markea e do Cluster da Comunicación Gráfica.