Que facemos

Plan estratéxico

Innovación, novos mercados, novos produtos e notoriedade son os catros grandes eixes dun Plan que se divide en 16 liñas de actuación e 77 accións específicas:

  • Proxección estatal e internacional.
  • Agrupación empresarial innovadora.
  • Unidade de apoio á internacionalización.
  • Orientación innovadora.
  • Cualificación dos recursos humanos.
  • Relacións transversais co resto dos clusters.
  • Fomento da cooperación entre empresas.
  • Consolidación da estrutura do cluster.

SIMBIOTIC. Un proxecto de desenvolvemento da realidade aumentada aplicada ao soporte gráfico e editorial, ideado para que as empresas galegas do sector poidan crear produtos que incorporen esta atractiva tecnoloxía a un custo reducido para as pemes. Traballamos con Gradiant, co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Eosa Consultores e co financiamento do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Foro Reimprímete

Nel sumamos 20 asociacións da cadea da comunicación gráfica e do libro para poñer en valor os contidos impresos en soporte papel.

Tamén organizamos e estamos presentes en foros e afterworks ao longo de todo o ano, onde abordamos temas de máxima actualidade relativos ao día a día dos nosos asociados.