quattro idcp obten o ANUARIA 2016 en tres categorías

quattro idcp obten o ANUARIA 2016 en tres categorías

22 de xaneiro de 2017

A axencia quattro idcp obtén tres novas seleccións no ANUARIA 2016, o certame que premia cada ano o mellor do deseño gráfico en España.

Na categoría de “Mellor tríptico, folleto, postal, flyer” foi seleccionado o traballo OPTOMETRÍA R, unha comunicación promocional desenvolvida para o operador gallego de cable R e inspirada no mundo da óptica. Consta dun póster de optometría cunha oferta para clientes e unhas gafas troqueladas para poder enfocala perfectamente.

Na mesma categoría foi recoñecida a acción corporativa de quattro idcp “ONDE ESTÁ MARCIAL”, unha felicitación de verán para clientes e provedores ao máis puro estilo Wally e en formato Z-CARD.

Pola súa parte, no apartado de “Mellor naming de produto ou servizo” o xurado destacou APRNDR, a nova marca para a plataforma online de contidos e-learning que quattro idcp desenvolveu para a empresa Areté. Que o nome se entenda perfectamente a pesar da omisión dalgunha das vogais é un valor en si mesmo e fai un guiño aos novos linguaxes dos dispositivos móbeis.

Coas seleccións deste ano, xa son 28 os traballos de quattro idcp recoñecidos por estes premios nos últimos anos.