Primeiro Afterwork en Santiago de Compostela

Primeiro Afterwork en Santiago de Compostela

16 de xaneiro de 2017

Onte, no seo da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, desenvolveuse o primeiro Afterwork de Marketing e Comunicación en Santiago de Compostela no que colaboraron conxuntamente o Clúster da Comunicación Gráfica, Markea, Dircom, Creatividade Galaga, AJE e a propia Asociación do Polígono do Tambre.

Neste encontro, Jacobo Bermejo, Conselleiro Delegado de Tórculo Comunicación Gráfica e Secretario Xeral do Clúster de Comunicación Gráfica, esgrimiu as claves da industria 4.0 aplicadas á realidade industrial galega e aportou claros exemplos deste novo paradigma no eido das artes gráficas, entre outros.