Novo servizo de alertas para socios

Novo servizo de alertas para socios

30 de novembro

NOVO SERVIZO PARA SOCIOS: AVISOS PERSONALIZADOS DE CONCURSOS PÚBLICOS E LICITACIÓNS

A través deste servizo, os membros do Cluster poderán recibir información resumida, clara e concisa sobre licitacións e ofertas públicas que se publican tanto a nivel galego coma nacional. A información enviarase os días que se publiquen os concursos de interés para o socio.

Se estás interesado en rexistrarte, é necesario que nos envíes a seguinte información para poder enviarche exclusivamente información sobre concursos públicos que realmente son do teu interese:

  1. Ámbito xeográfico: Galicia, España ou por áreas xeográficas específicas (indicar cal sería).
  2. Categorías de información: explicación o máis detallada posible do tipo de concursos/ofertas que desexa recibir. Se prefires que te axudemos a clasificar estas categorías de información, contacta con nosco e enviaremos unha lista coas posibles opcións.

Podes enviar a información ó correo electrónico – info@clustercomunicacion.gal