Afterwork: “Non fagas publicidade!” por Julián Abad

31 de xaneiro de 2017

No Cluster rematamos as actividades de xaneiro no Clube Financeiro Atlántico onde tivemos a oportunidade de escoitar a Julián Abad, un dos máis destacados directores creativos de España, e galego de adopción. Con máis de 20 anos de experiencia no sector, traballou en axencias como Tapsa Y&R, Contrapunto BBDO ou Bassat Ogilvy&Mather. Tamén traballou para grandes marcas coma Telefónica, Santander, Once, Ford, Canal+, IBM, Suchard, Diageo.

Neste encontro deixou 3 reflexións para non esquecermos do que é a publicidade efectiva.