Marketing Deportivo: Modelo Monbus Obradoiro para a activación das marcas

Marketing Deportivo: Modelo Monbus Obradoiro para a activación das marcas

21 de maio de 2018

O pasado luns tivemos un novo afterwork no Club Financeiro de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, Daniel Agra, director de marketing do equipo de basket Monbus Obradoiro, relatou aos presentes as mellores estratexias para activar os patrocinios no mundo do deporte.

Entre os datos que ofreceu destacar que máis do 53% dos ingresos de Monbus Obradoiro xéranse mediante patrocinios privados, polo que as marcas e a súa activación son moi importantes para a viabilidade do Club.

O impacto económico que xera a marca Monbus Obradoiro á cidade de Santiago é superior a 3,4 millóns de euros.

O valor publicitario equivalente da marca Monbus Obradoiro supera os 4,5 millóns de euros.