Visita o Clúster Helen Richardson do Brooklyn College

O pasado 7 de outubro tivo lugar nas instalacións do Cluster da Comunicación Gráfica unha reunión na que interviron, entre outros, Helen E. Richardson do Brooklyn College; Juan Manuel Corbacho, Vicerrector da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra); o presidente do Cluster da Comunicación Gráfica, Xosé Luis Reza e a xerente do Clúster Audiovisual de Galicia, Mar Varela, co obxectivo de buscar futuras colaboracións para desenvolver proxectos conxuntos entre o Campus de Pontevedra, o Brooklyn College, o grupo PIMA (ao que tamén representa Helen Richardson) e os Clúster antes mencionados.

Nesta reunión acordouse a necesidade de identificar aqueles aspectos fundamentais sobre os que poder ir profundizando para xerar proxectos innovadores e poñelos en común en próximos encontros.

Perfil Helen Richardson

Información PIMA