AFTERWORK: “Tende as redes para captar e fidelizar aos clientes do teu restaurante”

28 de setembro de 2016

Víctor Gómez Romeu. Consultoría e márketing Cofundador de Wakaiti, fundador de Restauraaccion, fundador de Innovaaccion
Enxeñeiro industrial en organización industrial pola Universidade de Vigo. Empresario e emprendedor, con experiencia en xestión empresarial, calidade, procesos, innovación, tecnoloxía, márketing e, sobre todo, persoas. Foi profesor asociado no departamento de márketing e organización de empresas da Universidade de Vigo, e con case vinte anos de experiencia en consultoría e formación. Na actualidade aplicando a innovación ao márketing para restaurantes e empresas de alimentación con Restauraaccion.

Tende as redes para captar e fidelizar aos clientes do teu restaurante
O teu cliente cambiou… e sábelo. E as redes sociais convertéronse, queiramos ou non, nunha vía de interacción fundamental nas relacións persoais, e empresariais. Sobre todo cando falamos de negocios relacionados co lecer, o turismo, a restauración, onde todos buscamos información e recomendación sobre onde ir comer ou cear, ou simplemente compartimos as nosas experiencias gastronómicas. Para un negocio de restauración é fundamental coñecelas, comprendelas e utilizalas para captar clientes e, como non, fidelizarlos. Neste afterwork plantexámosche como facelo dun modo sinxelo, práctico e ameno.
Dirixido a empresarios e responsables de empresas de hostalería. Profesionais de márketing, directores de comunicación ou directores de contas. Directivos, emprendedores e profesionais interesados en ter presenza activa nas redes sociais.

Lugar: Sede do Círculo de Empresarios de Galicia
Avenida de García Barbón, 62, Vigo, Pontevedra, 36201, Galicia
Fecha: 28 de setembro de 2016
Hora: 19:30h.
INSCRÍBETE. PRAZAS LIMITADAS!