Afterwork: Inbound Marketing na Coruña

28 de novembro de 2017 na Coruña

Os equipos de Marketing enfrontámonos cada día ao reto de conectar co usuario nun escenario cada vez máis complexo: máis canles, máis datos, máis inmediatez. Incrementar inversións publicitarias sen retorno deixando de ser a solución.

No afterwork do pasado mércores en A Coruña, amosouse unha nova vía para conectar co público obxectivo sen imposicións: Inbound Marketing.

A directora de Comunicación e Contidos de BySidecar, Susana Evangelista, relatou aos presentes como, a través da xeración de contido relevante e de calidade, podemos atraer a potenciais clientes e nutrir a nosa relación con eles ata convertelos en embaixadores da nosa marca.

As claves? traballar as buyer personas para poñer “nome e apelido” ao noso target; axeitar cada contido ás necesidades que ten o usuario en cada etapa da relación coa nosa marca e fidelizalo con comunicacións periódicas de interese.

As ferramentas? Susana Evangelista trasladounos a experiencia de BySidecar traballando como partner de referencia en Galicia da ferramenta líder no mercado de Inbound Marketing, HubSpot. A plataforma permítenos centralizar todas as tarefas de marketing nun único espazo e proporciona autonomía aos equipos de marketing para realizar os seus propios desenvolvementos e medir toda a traza do cliente en relación coa marca.