Foro de deseño FEED 2015

Feed-2015---DAG1A Asociación Galega de Deseñadores (DAG) organiza o FEED 2015 no que van a analizar os conceptos do noso tempo. Da man de profesionais e estudosos do deseño, amosarán disciplinas como o motion graphics, o deseño de interación ou o infografismo que seguen a ser variantes de campos maiores (gráfico, web…) ou se acadaron unha linguaxe conceptual e formal propia. Ana lizarán  se o design thinking é unha burbulla máis ou se realmente o deseño pode -e debe- ser axente en niveis organizacionais e estratéxicos nas empresas e institucións.

O programa desenvolverase os días 20 e 21 de novembro na Fundación Luis Seoane, na rúa San Francisco 27 na Coruña.

Consulta o programa e reservar a túa entrada.

O prezo é reducido para estudantes de Ciclos Superiores, Graos ou Máster de Deseño, deseñadores en paro, socios de Creatividade Galega, Markea (Asociación Galega de Marketing), AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), Cluster da Comunicación Gráfica, ou asociacións de deseño pertencentes a READ (Red Española de Asociaciones de Diseño).