Falláronse os II Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia

10 de novembro de 2017

O Cluster da Comunicación de Galicia entregou o pasado venres, 10 de novembro, os II Premios de Comunicación e Marketing de Galicia, Premios Paraugas, que se crearon co obxectivo de recoñecer públicamente o saber facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación na Comunidade Autónoma.

Foron 16 as categorías premiadas entre máis de 250 candidaturas, “todo un éxito de participación” como salientou Xosé Luis Reza, presidente do Cluster da Comunicación Gráfica.

As empresas recoñecidas co galardón foron:

No eido do Marketing, o galardón á Mellor Estratexia/Acción de Branding foi para Rodman Polyships (Connected by Vodafone NB-lo-) polo proxecto Connecting Over Seas; O premio á Mellor Acción Relación/Escoita ao cliente recaeu en La Voz de Galicia pola súa política de fidelización e retención de clientes e a distinción á Mellor Estratexia de Acción/Produto foi para Estrella Galicia polo lanzamento da súa nova liña de produtos Fábrica de Cervexas.

No ámbito da Creatividade distínguese co Premio á Mellor Creatividade Gráfica á axencia BAP & Conde pola campaña Medo a quedar sen datos para R; Mellor Creatividade Audiovisual foi para a empresa de comunicación gráfica Tony LeBrand pola campaña Clickfer, sabemos o que levas dentro. Quedou deserto o Premios Paraugas á Mellor Creatividade no Uso dos Medios.

No apartado da Comunicación entregouse o premio á Mellor Estratexia de Comunicación Externa a LaMarck Publicidad Pola súa campaña El juego de las ETS para o Colexio de Farmacéuticos da Coruña; a disitinción á Mellor Estratexia de Comunicación Interna foi para Punto GA Comunicación pola Campaña Equipo con Impulso. O Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. fíxose co Premio Paraugas á Mellor Práctica de Comunicación en RSE pola súa Memoria de Sustentabilidade GRI G4.

O apartado Deseño destacou na categoría a Mellor Deseño Gráfico o proxecto Identidade Gráfica CoLab da empresa Describir. O galardón ao Mellor Deseño Industrial recaeu en Cenlitrosmetrocadrado por Global Refuge e o premio ao Mellor Deseño Dixital e Interactivo foi para empresa Desoños polo portal web realizado para Afundación.

O apartado Artes Gráficas e Editorial recaeu o Premio ao Mellor Libro de Arte na empresa Tórculo Comunicación Gráfica, coa obra Unha mirada de Antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, obra editada por Afundación & The Hispanic Society of America. O galardón ao Mellor Catálogo Publicitario foi para Gráficas Anduriña por Complementos CH 2016/2017 e o Premio ao Mellor Álbum ou Libro Infantil recaeu en Nova Galicia Edicións pola obra Manual de Bullying.

O Premio Especial á Idea Integrada ou Crossmedia recaeu na campaña A Rapa das Testas de Hijos de Rivera.

Ademais, fíxose entrega de catro Premios Honoríficos que recibiron Carlos Docampo, presidente do Consello Reitor de Gráficas Anduriña, polos 35 anos de traxectoria da empresa; José Luis Zamorano, o creador das axencias de publicidade Tándem e Contrapunto; Pepe Barro, un histórico do deseño galego e o CEO de Martín Códax, Juan Vázquez, un gran directivo vinculado ao mundo do marketing e da comunicación en Galicia.

No seno destes Premios, a Asociación Executivas aproveitou a ocasión para destacar e premiar a traxectoria de Marisol Soengas, directora do Programa de Patoloxía Molecular no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas de España.

A entrega de premios contou co patrocinio de Avante Medios e coa colaboración de: Deputación Provincial de Ourense, Galicia Calidade, Expourense, Fundación Santo André de Teixido, Atelier Gráfica Visual, Atlántica Centro de Arte, Aceites Abril, Miraveo, Creatividade Galega, DAG, Dircom, Markea, Executivas e o Consello Regulador da D.O. Monterrei.

NP 10112017 Premios Paraugas