Volve BEERFING Dixital, o encontro de Creatividade e Cervexa

11 de marzo

Volve BEERFING Dixital, o encontro de Creatividade e Cervexa

 

  • Nuns días o sector volve a reunirse virtualmente ao redor dunha Estrella Galicia para compartir coñecemento e experiencia

 

O vindeiro 11 de marzo celebraremos a terceira edición de Beerfing Dixital, encontros de creatividade e cervexa que organizamos desde o Clúster da Comunicación con Creatividade Galega e Estrella Galicia, coa finalidade de reunir o talento do sector da creatividade e a publicidade arredor do coñecemento e a experiencia compartida.

Esta xornada terá lugar de xeito virtual a través de streaming, e arrancará cun E-Workshop con Beatriz Pereira, CEO de Iuni Strategic Marketers e directora da Área de Investigación de Mercados. Como están a reaccionar as direccións de márketing neste novo contexto? Cales son os retos, alegrías e frustracións das persoas responsables de márketing? Baixo o título: Direccións de márketing en contexto COVID-19” daranos as claves para poder dar resposta a estas e outras cuestións.

Seguidamente celebraranse os xa recoñecidos relatorios sobre casos de éxito do talento galego. Nesta ocasión coñeceremos o caso de Tony Le Brand: O Resu Resiste, da man de Jorge Pallarés, Director Xeral Tony Le Brand; Nacho Romay, Director Creativo Tony Le Brand; e Victor Mantiñán, Responsable de Patrocinios música Hijos de Rivera. Así mesmo, teremos a oportunidade de escoitar “Míster, a historia de amor de Rei Zentolo e David Vidal”, que nos contará Isaac González, Director de Elemental Chefs e Pablo Zentolo, Director de Arte e Fundador de Rei Zentolo.

Para concluír a programación desta edición de BEERFING Dixital, Mónica Moro, Directora Xeral Creativa McCann España faranos reflexionar sobre a época de cambios nos que estamos inmersos, a través da súa charla “El Ocaso del Bullshit”.

 

Podes atopar máis información e inscribirte nesta ligazón.

 

Proxecto cofinanciado por: