CONNECT DAY: encontro entre empresas sector textil-TIC-comunicación

CONNECT DAY: encontro entre empresas sector textil-TIC-comunicación

8 de xullo

Gran acollida e participación no CONNECT DAY

Máis de 70 empresas participaron neste encontro presencial orientado a facilitar a conexión e cooperación entre os tres sectores

O pasado xoves, 8 de xullo, celebramos o Connect Day, a primeira xornada presencial despois de meses de contacto a distancia, que organizamos xunto co Cluster Textil- Cointega, o Cluster TIC de Galicia e o Centro Tecnolóxico Gradiant.

Máis de 70 organizacións e empresas participaron neste encontro que tiña como obxectivo facilitar conexións e sinerxias para desenvolver vínculos nun entorno de colaboración empresarial e de intercambio de coñecementos.

A primeira parte da xornada permitiu abordar as actuais novidades e tendencias a ter en conta na estratexia de marketing dixital e a importancia do posicionamento de marca no mundo online, da man de grandes profesionais como Laura Vázquez, Directora de Marketing Dixital en Torres y Carrera; Jerónimo Cabana, Director e Fundador de Bannister Global e Marta Ferro, Xerente e Fundadora  de Closet Comunicación.

Tralas intervencións dos tres poñentes deu comezo o Speed Networking, unha dinámica que permitiu ampliar a carteira de contactos, facilitar a creación de oportunidades de negocio, así como comunicar e vender en dous minutos as claves e puntos fortes de cada empresa.

Para rematar esta xornada de conexións, Galicia Calidade ofreceunos un cóctel para continuar facendo networking e intercambiar tanto información cos asistentes como compartir dúbidas e inquedanzas cos mesmos.

 

 Cluster da Comunicación de Galicia

Proxecto cofinanciado por: