Chega a 3ª edición de FLÚOR, a gran festa do Marketing Dixital

14 de setembro de 2021

Chega a 3ª edición de FLÚOR, a gran festa do Marketing Dixital

 

  O 3º Congreso Atlántico de Marketing Dixital volve a reunir ó sector galego da comunicación con 21 actividades e máis de 20 expertos e expertas  en Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding e Social Media

Con inscrición gratuíta para socios do Cluster da Comunicación

Un ano máis volve FLÚOR, a 3ª edición do Congreso Atlántico de Marketing Dixital que abre as súas portas os vindeiros 7 e 8 de outubro e reunirá a máis de 20 expertos e expertas de primeiro nivel nacional e internacional.

Como novidade, esta edición celebrarase en formato híbrido, o que permitirá a tódalas persoas inscritas escoller entre dúas opcións de asistencia: presencial, no auditorio de Afundación- Pontevedra ou vía streaming na web https://congresofluor.com/

O programa de FLÚOR abarcará conferencias e mesas redondas, obradoiros de diferentes temáticas e networking entre profesionais. Entre os ponentes que participarán no Congreso figuran directivos de multinacionais como Google, TikTok, Adform ou Cocacola, entre outros profesionais do eido do Negocio Dixital, Publicidade Dixital ou Branding e Social Media.

O evento está aberto a tódalas persoas interesadas en coñecer as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis efectivas para marcas, empresas e negocios online. As inscricións poden facerse a través da web e para os socios do Cluster de Comunicación a entrada é gratuíta.  

Un congreso como #FLÚOR21 unicamente é posible grazas ó apoio dos nosos patrocinadores e colaboradores. O patrocinador principal continúa sendo o Concello de Pontevedra, cidade que un ano máis acolle a versión presencial. Tamén, contamos co apoio de:

Patrocinadores Gold: Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Patrocinadores Silver: ICON, Avante Evolumedia e Abanca.

Patrocinadores Business: Dinahosting, Galicia Calidade, Redegal e Roi Scroll.

Colaboradores: Miraveo,  Coca-Cola, Autocares Rías Baixas e Root Café.

Colaboradores sectoriais : Creatividade Galega, Dircom Galicia, Opc Galicia, Executivas de Galicia y Associação Portuguesa dos Profissionais de Marketing-appm.

 

Proxecto cofinanciado por: