Café con gotas de innovación: Big Data

14 de marzo de 2018

Desde o Cluster da Comunicación Gráfica púxose en marcha unha nova iniciativa de formación en formato matutino.

A primeira sesión correu a cargo de Jesús Echarri, fundador responsable de Improving Metrics, que compartiu cos presentes as ferramentas que se están a aplicar e que teñen no rexistro de datos a base para a toma de decisións.