Afterwork: WordPress e as claves para elixir un bo hosting

19 de febreiro en Santiago de Compostela

Iván Expósito, responsable do departamento de Soporte técnico de Dinahosting, foi o relator do último afterwork que se celebrou en Santiago de Compostela. Os contidos do relatorio foron destacar os puntos máis significativos a ter en conta á hora de escoller un aloxamento hosting para os contidos online da nosa empresa.

Unha das tecnoloxías máis populares é WordPress, pero a elección desta dependerá do tipo de proxecto. Para tendas online está Prestahop ou WooCommerce.

Tamén se debe ter en conta o espazo que se vai precisar, esto influirá na elección dun ou doutro aloxamento. O número de contas de correo electrónico que se precisan tamén vai determinar a elección deste tipo de produto.

En canto a contidos máis técnicos, podemos elexir entre sistemas diferentes tales como caché, HTTP/2, CDN ou as versións actualizadas de PHP e MySQL que axudan no posicionamente dos contidos na Internet.

Se precisas máis información podes contactar con Dinahosting.