Afterwork: Storytelling

Afterwork: Storytelling

21 de marzo de 2018

A maxia da comunicación, a arte de contar historias con capacidad para emocionar. Todos relatamos historias todos os días, historias que fican en nós sendo suficiente un detalle para evocar o seu recordo. Por que as marcas non usan historias?, pode ser debido a que non sabe facelo, non sabe facer sentir máis aló de ela mesma.

Os consumidores, cada día máis informados, coñecen as realidades dos produtos, pero conectan con aquelas marcas ou produtos que lles fan sentir.

Lis M. Torrón, directora creativa executiva de Reclam, así o explicou en Vigo na derradeira cita afterwork do mes de marzo. Ela deixouno moi claro: “se o cliente non sente nada, non vai pasar nada”.