Afterwork: Inboud Marketing. Atraer para conectar, vender ou namorar

Afterwork: Inboud Marketing. Atraer para conectar, vender ou namorar

20 de novembro de 2017 en Santiago de Compostela

Os equipos de Marketing enfrontámonos cada día ao reto de conectar co usuario nun escenario cada vez máis complexo: máis canles, máis datos, máis inmediatez. Incrementar inversións publicitarias sen retorno deixando de ser a solución.

No afterwork do pasado luns en Santiago de Compostela amosouse unha nova vía para conectar co público obxectivo sen imposicións: Inbound Marketing.

A directora de Comunicación e Contidos de BySidecar, Susana Evangelista, relatou aos presentes como, a través da xeración de contido relevante e de calidade, podemos atraer a potenciais clientes e nutrir a nosa relación con eles ata convertelos en embaixadores da nosa marca.

As claves? traballar as buyer personas para poñer “nome e apelido” ao noso target; axeitar cada contido ás necesidades que ten o usuario en cada etapa da relación coa nosa marca e fidelizalo con comunicacións periódicas de interese.

As ferramentas? Susana Evangelista trasladounos a experiencia de BySidecar traballando como partner de referencia en Galicia da ferramenta líder no mercado de Inbound Marketing, HubSpot. A plataforma permítenos centralizar todas as tarefas de marketing nun único espazo e proporciona autonomía aos equipos de marketing para realizar os seus propios desenvolvementos e medir toda a traza do cliente en relación coa marca.