Afterwork: Como namorar ao cliente dixital

Afterwork: Como namorar ao cliente dixital

19 de marzo en Santiago

O pasado luns en Compostela disfrutamos dunha apaixonante tarde afterwork en compañía de Maria Abad, directora de Marketing da startup TeamLeader.

María transmitiu a idea de poñer ao cliente no centro de todas as operacións comerciais e de marketing. Algúns dos procedementos para obter esta información é a través de enquisas ou encontros personais nos que poder recoller o feedback necesario para coñercer o que lle preocupa realmente.

Para namorar ao cliente dixital, deunos estes consellos:

  • Pregúntate por que?
  • Coñece ao teu cliente como a palma da túa man hai ferramentas que che axudan como os “buyer persona”, que son representacións ficticias do noso consumidor final ou potencial construída en base aos seus gustos, preferencias, comportamentos,…
  • Fai que o teu cliente pase de ser un descoñecido a que sexa embaixador da túa marca
  • Potencia o valor dos clientes internos da empresa, os empregados. Como di Simon Senek “os clientes non se namorarán da túa empresa mentres os empregados non estean namorados”

Estes consellos conseguen dotar á empresa de alma.