Afterwork: Claves do marketing “legal”…¿Por onde comezar?

20 de marzo de 2017

O pasado luns, na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela celebramos a cita mensual de Afterworks de Marketing e Comunicación. Voltamos escoitar a Alicia Piña, avogada e socia de Aligale, que suliñou a importancia de ter en conta os límites legais nas accións de marketing. Ademais abordou temas de máximo interese como a LOPD, as listas Robinson ( normativa europea que entra en vigor dentro dun ano).