Acto de presentación dos finalistas

Acto de presentación dos finalistas

21 de novembro

Hoxe tivo lugar en Santiago o acto de presentación dos finalistas dos Premios Paraugas 2019.

O Clúster recibiu máis de 250 proxectos creativos, dos que foron seleccionados 50 candidatos que o  vindeiro día 29 asistirán á cerimonia dos Premios Paraugas en Expourense.

A presentación foi na sede da Asociación Área de Negocios do Tambre. Alí os representantes do Clúster de Comunicación e diferentes entidades amosaron o seu apoio a todos os finalistas e o seu recoñecemento polos seus proxectos nominados ós galardóns. Presentaron o seu traballo a un total de sete categorías: Edición, Impresión, Deseño, Creatividade, Marketing, Comunicación e Marketing Dixital.

Doutra banda, o difícil deber de elixir quen será premiado recae no xurado dos Premios Paraugas, formados por profesionais de prestixio do sector. Vendo tanta calidade, este xurado destacou o alto nivel dos traballos recibidos nesta cuarta edición. En definitiva, os ingredientes para unha gran gala estaban listos este día 21 e todo apunta a un recoñecemento do talento galego no sector da comunicación o día 29 na ceremonia dos Premios Paraugas.

Os premios están patrocinados por empresas ou entidades que apoian esta iniciativa e á cultura galega: HP Indigo, GAIN, Bysidecar, Avante, .gal, Galicia Calidade e a Deputación de Ourense.

Para coñecer os finalistas seleccionados ver aquí.